Benvidos a

Vivendas Adeinés

Vivendas Adeinés

Vivendas de Uso Turístico Adeinés é un conxunto de inmobles destinados ao turismo que debe o seu nome á avoa Inés. Dona dun pequeno supermercado situado na planta baixa dun dos inmobles, Inés era moi querida no barrio e coñecida por todos. A xente, cando ía á súa tenda, utilizaba a expresión “imos a Inés”, referencia que tomamos para bautizar este proxecto turístico en homenaxe á súa memoria.

O conxunto de inmobles está formado por dous pisos e un pequeno piso situados na localidade da Estrada, así como por unha vivenda situada na costa de Vilanova de Arousa.

As nosas vivendas

Casiña en Vilanova de Arousa

Ideal para familias, consta de 3 habitacións: 2 con cama de matrimonio e 1 con literas (2 camas de 90cm), sala con sofá-cama doble, cociña, baño e xardín exterior con barbacoa.

Ver detalles

Piso 4 na Estrada

Dispón de 4 habitacións luminosas con vistas: 3 con cama de matrimonio, 1 con cama niño (2 camas de 90cm), salón cocina, 2 galerías y 1 baño.

Ver detalles

Piso 3 na Estrada

Dispón de 4 habitacións amplas e con vistas: 3 con cama de matrimonio, 1 con cama individual (105cm), 1 sofá-cama no salón, cociña, 2 galerías e 1 baño.

Ver detalles

Apartamento

Dispoñible próximamente

Ver detalles

Que facer en A Estrada?

01 /01

Castrolandín

Castrolandín é un castro de tamaño medio de finais da Idade de Ferro, habitado a finais da cultura castrexa por aproximadamente 100 persoas dedicadas principalmente á agricultura.

Ler máis “Castrolandín”

Pazo de Oca

Parte dun edificio orixinal de tipo defensivo, construído por D. Suero de Oca a finais do século XV. No século XVIII, este edificio converteuse nun conxunto agrícola e residencial de estilo barroco. No seu interior alberga o xardín barroco máis antigo de Galicia, en terrazas e dominado pola auga.

Ler máis “Pazo de Oca”

Fervenza do Toxa

A Fervenza do Toxa é un espectáculo natural. Un bosque autóctono conduce a esta impresionante fervenza, unha das máis fermosas de Galicia. É un asombroso festival da natureza, un espectáculo de luz, auga e son que dificilmente se esquecerá.

Ler máis “Fervenza do Toxa”

Que facer en Vilanova?

01 /01

Bateas de mexillóns

A economía de Vilanova de Arousa vira arredor da pesca dende a antigüidade, xa que dende o século XVI esta foi a gran subministradora de peixe de Castela. Esta abundancia de materia prima provocou o establecemento dunha próspera industria conserveira, a partir do século XVIII.

Ler máis “Bateas de mexillóns”

Torre de Cálogo

A torre é a única parte que queda do antigo mosteiro beneditino de San Cipriano de Cálogo, fundado por San Fructuoso no século VII. O mosteiro foi destruído polas incursións normandas nos séculos IX e X.

Ler máis “Torre de Cálogo”

Opinións dos nosos Clientes

Lucia
Lucia
25/04/2022
9.0
Awesome
Wilson
Wilson
11/04/2022
9.0
Awesome
Anonymous
Anonymous
07/02/2022
10
Exceptional
Mayra
Mayra
08/12/2021
10
Exceptional
Montse
Montse
10/10/2021
10
Fin de semana estrada ☺La limpieza exquisita.repetiremos ☹Todo me gustó.
Olgamb9
Olgamb9
07/09/2021
10
Exceptional
Conchi
Conchi
05/09/2021
10
Perfecto ☺Todo precioso ideal, la dueña encantadora todo el tiempo pendiente, ha sido genial volveremos sin ninguna duda
Miguel
Miguel
20/08/2021
10
Muy recomendable ☺Bien situado, cerca del centro y aparcamiento fácil en la misma calle
Vicma
Vicma
07/08/2021
10
Volvería sin duda. ☺Todo. Muy muy limpia. Muchos detalles. Nos dejó para desayunar y cervezas en el frigorífico. Un lugar al que volvería sin duda alguna. ☹Nada
Cristina
Cristina
01/08/2021
10
Alojamiento impresionante ☺El apartamento esta totalmebte reformado y posee todos los servicios. El dueño es encantador y muy amable. Sin duda para volver

“Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU. Non obstante, as opinións e opinións expresadas son exclusivamente do/s autor/es e non necesariamente reflicten as da Unión Europea ou da Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser responsables delas”.