A estación marítima do Mar de Santiago é o inicio do noso particular Camiño á Orixe, xa que dende este lugar parten as embarcacións que percorren a ruta marítima fluvial ata Pontecesures.
Tanto os catamaráns máis grandes como as pequenas embarcacións para viaxes en pequeno grupo e cun carácter máis privado. Nas súas instalacións tamén se atopa a oficina de información turística de Vilanova de Arousa, parada imprescindible para recoller información de interese antes de iniciar a ruta.
Pero ademais, este porto é tamén o lugar idóneo para ver a saída e atraque dos numerosos pesqueiros do municipio, que faenan tanto na ría de Arousa como entrando no Atlántico.