Camiño portugués variante espiritual

Esta variante do Camiño de Santiago une o Camiño Portugués coa ruta da Traslatio, tamén coñecida como ruta do Mar de Arousa e do río Ulla, que é a orixe de todas as rutas.

Organizado en tres etapas, comeza en Pontevedra e remata en Pontecesures, onde se une á última etapa do Camiño Portugués. A peculiaridade desta variante radica en que as dúas primeiras etapas fanse a pé e atravesan a fermosa comarca do Salnes; mentres que a última etapa faise a bordo dende Vilanova de Arousa ata Pontecesures, navegando polas augas da Ría de Arousa e rematando no último tramo navegable do río Ulla.