Castrolandín

Castrolandín é un castro de tamaño medio de finais da Idade de Ferro, habitado a finais da cultura castrexa por aproximadamente 100 persoas dedicadas principalmente á agricultura.

A súa antigüidade posiblemente remóntase ao século IX a.C. onde aínda se facían casas con materiais perecedoiros. Algún petróglifo debuxado na rocha móstranos un posible asentamento antigo. Uns séculos despois construíronse casas de pedra, que son os restos que hoxe vemos. Restos que tanto se mesturan con outras construcións de orixe romana, como demostran as casas con esquinais e grandes dimensións.