Praia o Terrón

Está unido ao Porto de Vilanova de Arousa por unha cómoda pasarela peonil que facilita o achegamento ao areal a pé ou en bicicleta.

Vilanova de Arousa posúe un extenso litoral de aproximadamente 14 km de lonxitude. Nela atopamos, entre outras, a tranquila praia do Terrón.

Ten unha extensión aproximada de 3 km de area fina e dourada e as súas augas tranquilas fan que sexa un espazo perfecto e seguro para gozar en familia, ademais de ser moi accesible pola súa proximidade ao casco urbano.