Vivendas de Uso Turístico Adeinés é un conxunto de inmobles destinados ao turismo que debe o seu nome á avoa Inés. Dona dun pequeno supermercado situado na planta baixa dun dos inmobles, Inés era moi querida no barrio e coñecida por todos. A xente, cando ía á súa tenda, utilizaba a expresión “imos a Inés”, referencia que tomamos para bautizar este proxecto turístico en homenaxe á súa memoria.
O conxunto de inmobles está formado por dous pisos e un pequeno piso situados na localidade da Estrada, así como por unha vivenda situada na costa de Vilanova de Arousa.
As nosas vivendas
Piso 4 na Estrada (2 hab.)
Dispón de 2 habitacións luminosas con vistas: 1 cunha cama de matrimonio, 1 con 2 camas individuais, salón, cociña, 2 galerías e 1 baño.
Prices start at: 87€ per night
Piso 3 na Estrada (2 hab.)
Dispón de 2 habitacións amplas e con vistas: 1 cunha cama de matrimonio, 1 con 2 camas individuais, 1 sofá-cama no salón, cociña, 2 galerías e 1 baño.
Prices start at: 88€ per night
Casiña en Vilanova de Arousa
Ideal para familias, consta de 3 habitacións: 2 con cama de matrimonio e 1 cama individual, sala con sofá-cama, cociña, baño e xardín exterior con barbacoa.
Prices start at: 139€ per night
Piso 4 na Estrada
Dispón de 4 habitacións luminosas con vistas: 2 cunha cama de matrimonio, 1 con 2 camas individuais, 1 con cama niño (2 camas de 90cm), salón cocina, 2 galerías y 1 baño.
Prices start at: 74€ per night
Piso 3 na Estrada
Dispón de 4 habitacións amplas e con vistas: 2 cunha cama de matrimonio, 1 con 2 camas individuais, 1 con cama individual (105cm), 1 sofá-cama no salón, cociña, 2 galerías e 1 baño.
Prices start at: 74€ per night
Apartamento Estudio con Terraza – Pensión
Apartamento loft ideal para parellas. A nivel de rúa, e con terraza. A 25 minutos de Santiago e a 35 minutos das Rías Baixas. Praia fluvial a 5 min.
Prices start at: 40€ per night
Que facer en A Estrada?

Castrolandín
Castrolandín é un castro de tamaño medio de finais da Idade de Ferro, habitado a finais da cultura castrexa por aproximadamente 100 persoas dedicadas principalmente á agricultura.

Campo Lameiro
En Campo Lameiro as rochas falan con voz antiga. Este concello, situado na comarca de Terras de Pontevedra, é coñecido por ser a capital galega da arte rupestre.

Torre de Guimarei
É unha torre do s. XIII, de planta cadrada que constitúe os últimos restos dun castelo medieval destruído polos ataques irmandiños no s. XV, como a maioría dos castelos medievais de Galicia.

Praia fluvial de Liñares
Situada entre as parroquias de Lagartóns e Moreira, no concello da Estrada, a praia fluvial de Liñares é de explotación privada, aínda que se pode acceder pola zona fluvial para gozar dunha xornada para maiores e nenos con zona de baño e xogos.

Pazo de Oca
Parte dun edificio orixinal de tipo defensivo, construído por D. Suero de Oca a finais do século XV. No século XVIII, este edificio converteuse nun conxunto agrícola e residencial de estilo barroco. No seu interior alberga o xardín barroco máis antigo de Galicia, en terrazas e dominado pola auga.

Fervenza do Toxa
A Fervenza do Toxa é un espectáculo natural. Un bosque autóctono conduce a esta impresionante fervenza, unha das máis fermosas de Galicia. É un asombroso festival da natureza, un espectáculo de luz, auga e son que dificilmente se esquecerá.

Monasterio de Carboeiro
O mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro é unha das obras arquitectónicas do románico tardío, de transición ao gótico, máis destacadas de Galicia.

Camiño da Geira e os Arrieiros
Coñécese como Camiño da Geira e os Arrieiros, a ruta xacobea hispano-portuguesa que parte da cidade de Braga e remata en Santiago de Compostela nun percorrido aproximado de 240 quilómetros.

Piscina Municipal
Practica a natación en calquera das súas disciplinas ou pasa un bo rato relaxando nas instalacións das Piscinas Municipais da Estrada.
Que facer en Vilanova?

Porto Mar de Santiago
A estación marítima do Mar de Santiago é o inicio do noso particular Camiño á Orixe, xa que dende este lugar parten as embarcacións que percorren a ruta marítima fluvial ata Pontecesures.

Praia o Terrón
Está unido ao Porto de Vilanova de Arousa por unha cómoda pasarela peonil que facilita o achegamento ao areal a pé ou en bicicleta.

Monumento a Valle-Inclán
Na Praza do Castro, moi preto do porto do Mar de Santiago, atópase o Monumento a Ramón María del Valle-Inclán, un dos autores fundamentais da literatura ao longo do século XX e o veciño máis ilustre da vila mariñeira de Vilanova de Arousa. .

Mirador Faro das Lúas
Unha escaleira exterior dá acceso á parte alta, desde a que se contempla a ría de Arousa e parte da comarca do Salnés.

Camiño portugués variante espiritual
Esta variante do Camiño de Santiago une o Camiño Portugués coa ruta da Traslatio, tamén coñecida como ruta do Mar de Arousa e do río Ulla, que é a orixe de todas as rutas.

Casa Museo dos irmáns Camba
Os cambas destacaron no mundo das letras e do xornalismo e na súa casa consérvanse primeiras edicións das súas obras, panfletos, xornais, manuscritos e fotografías, ademais dos obxectos cotiáns que empregaban.

Bateas de mexillóns
A economía de Vilanova de Arousa vira arredor da pesca dende a antigüidade, xa que dende o século XVI esta foi a gran subministradora de peixe de Castela. Esta abundancia de materia prima provocou o establecemento dunha próspera industria conserveira, a partir do século XVIII.

Mirador de Cruz de Lobeira
Situado nun pequeno montículo arborado, a uns 290 metros sobre o nivel do mar, é un lugar moi popular para os sendeiristas.

Torre de Cálogo
A torre é a única parte que queda do antigo mosteiro beneditino de San Cipriano de Cálogo, fundado por San Fructuoso no século VII. O mosteiro foi destruído polas incursións normandas nos séculos IX e X.
Opinións dos nosos Clientes
EXCELENTE9.8A base de 65 reseñas![]()
Raquel03/09/202310Exceptional
Elena03/09/202310Mejor imposible ☺Estaba perfectamente equipado con más cosas de las que te podías imaginar. En la cocina había agua fría en la nevera, leche, café, cacao, bollería y todo lo necesario para desayunar. En el baño había toallitas desmaquillantes y las toallas estaba súper suaves. Había ventiladores en el salón y en las habitaciones orientadas al sol. ☹Nada, estaba todo perfecto.
Cathaysa29/08/202310☺Apartamento excelente. Situado en una zona tranquila, edificio 3’ planta sin ascensor. Buena comunicación con anfitriona. El apartamento muy limpio y cómodo. Nos dejaron comida para el desayuno. Todo perfecto. Volvería sin dudarlo. ☹Todo muy bien
Maria29/08/202310Alojamiento muy acogedor. ☺El apartamento es muy chulo y estaba muy limpio y cuidado. Muy fácil aparcar. La anfitriona super atenta, un detallazo dejar cápsulas de café y cosas para desayunar. Un 10 todo, sin duda, para repetir
Patrícia28/08/202310Excepcional ☺El apartamento es increíble. Esta todo súper limpio y bien decorado. Además, el propietario, un 10, súper atento y amable. Además, en el apartamento había de todo, hasta nos dejaron el desayuno. Sin duda, cuando volvamos a Galicia, repetiremos. ☹Todo genial
Juan28/08/202310Fantástico ☺La limpieza y el detalle de las cápsulas de café y magdalenas que teníamos a nuestra disposición (además de las infusiones, sobres de sopa, tostas, mantequilla, mermelada, tomate, bollitos de leche, zumos...) ☹Que no tiene ascensor, pero ya estábamos informados por lo que no es criticable.
Cynthia26/08/202310☺Cuidan hasta el ultimo detalle, no le falta de nada. Alojamiento que te hace estar como en casa.
Jorge23/08/20239.0☺Limpieza. ☹Sólo un baño para muchas personas.
Julio19/08/20238.0Very Good
Rosa18/08/202310☺Limpieza impresionante.. Más limpia imposible. Al piso no le falta un detalle... cómodo, etc. Dina súper agradable y súper servicial. Más de un 10 le damos de puntuación por todo.

“Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU. Non obstante, as opinións e opinións expresadas son exclusivamente do/s autor/es e non necesariamente reflicten as da Unión Europea ou da Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser responsables delas”.