Unha escaleira exterior dá acceso á parte alta, desde a que se contempla a ría de Arousa e parte da comarca do Salnés.
Situada no monte Lobeira, camiño do seu punto máis alto, trátase dunha singular construción formada por unha especie de torre de pedra coroada por unha escultura metálica que representa as distintas fases da lúa. Cando os golpea o sol, proxectan un reflexo visible a moitos quilómetros de distancia. A zona complétase con bancos e mesas de pedra, zona arborada, etc.