Situada entre as parroquias de Lagartóns e Moreira, no concello da Estrada, a praia fluvial de Liñares é de explotación privada, aínda que se pode acceder pola zona fluvial para gozar dunha xornada para maiores e nenos con zona de baño e xogos.
A zona, que conta cunha carballeira de 22.000 m2, está xestionada pola Sociedade Deportiva Río Ulla, que foi a encargada de acondicionala. Nel pódense celebrar, previa reserva, comidas familiares e outros eventos.