O mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro é unha das obras arquitectónicas do románico tardío, de transición ao gótico, máis destacadas de Galicia.
Mosteiro de Carboeiro: igrexas construídas por Gonzalo e Teresa, condes de Deza no ano 936, teñen planta de cruz latina con tres naves e outro cruceiro. Nunha arquivolta está a representación do Pórtico da Gloria, cos Antigos do Apocalipse. Considerada unha xoia do románico-oxival galego, destacou a súa importancia arquitectónica como “insuperable por ningún mosteiro do seu tipo e época”.