Os cambas destacaron no mundo das letras e do xornalismo e na súa casa consérvanse primeiras edicións das súas obras, panfletos, xornais, manuscritos e fotografías, ademais dos obxectos cotiáns que empregaban.
Situada no barrio de Vilamaior, trátase dunha construción de pedra de estilo tradicional na que destaca a súa entrada cunha escaleira de pedra que remata en patín ou descanso, tamén de pedra. Na fachada conserva o seu escudo nobiliario.